Consulta

Ola, quería comentar que no portal Galiciale da rede de bibliotecas públicas de Galicia hai polo menos dous ebooks que non funcionan:

Hai santos que non queren ir ao ceo - recibo unha mensaxe de que o libro non está dispoñible
Nova Nursia - mensaxe de que o epub está corrupto ou non é válido

Cos dous libros probei varios días distintos e por outra parte todos os demais libros que emprestei no portal funcionan sen problema polo que penso que será problema deses libros.

moitas grazas,
Eva 27/10/2018

Bo día Nuria,

Acabamos de facer as consultas no catálogo de GaliciaLe e ambos títulos aparecen disponibles e sen incidencias nos arquivos.

Recentemente realizáronse actualizacións na web de GaliciaLe, polo que se estás a utilizar a App de iOS é preciso que a actualices.

No caso de que o problema persista, contacta coa túa biblioteca para que trasladen a incidencia ao servizo de asistencia técnica. A continuación facilitámoste os datos de contacto:

• Biblioteca Pública de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, s/n
27002 Lugo
• Teléfonos: • Información: 982828327
• Correo electrónico: biblio.publica.lugo@xunta.gal

Agardamos que a resposta resolva a túa consulta.

Saúdos,
Biblioteca Municipal Estudos Locais da Coruña