Consulta

Boa tarde, gustaríame saber cal é a normativa que rexe o préstamo de películas nas bibliotecas escolares. Moitas grazas! Saúdos. 07/11/2018

Boas tardes,

A normativa de aplicación é a LEI 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120627/AnuncioC3B0-200612-0001_gl.html

No artigo 31 regula as bibliotecas escolares e na disposición adicional primeira trata dos dereitos derivados da propiedade intelectual.

Agardamos que con iso quede resolta a súa pregunta.

Un saúdo,
Biblioteca Municipal de Estudos Locais